Asociación Cultural Ouro do Sil

Homenaxe a Dona Gloria Ferreiro

Homenaxe do Concello de Parada de Sil á Dona Gloria Ferreiro.

Nacida hai 54 anos no antigo hospital provincial de Ourense, hoxe Santa María Nai, pasa os primeiros anos no pobo de Guendón e posteriormente trasladase a Ourense con toda a súa familia.

Desenvolve a súa vida profesional no ámbito empresarial da comunicación e o teatro. Funda xunto con Mela Casal a compañia profesional Pifano Teatro no que durante 18 anos producen diversas obras teatrais. No apartado de interpretación crea á personaxe de "Dona Ermitas de Parada do Sil" que durante moitos anos acompaña todos os martes a Xosé Manuel Piñeiro no programa da TVG Supermartes, asi mesmo participa en produccións como Pequeño Hotel, Terra de Miranda, Galicia Extress, Efectos Secundarios, Rías Baixas, Mareas Vivas ou Libro de Familia. Outra das personaxes creadas por ela mesma é a Sra Carme de Luar. Participa tamén nas longametraxes O Lapis do Carpinteiro, Siempre Habana ou La Ley de la Frontera.

Actualmente desempeña o cargo de Xefa de programas da Radio Galega da que tamén foi locutora.

No seguinte enlace temos máis fotos do evento.

Maio 2011.



XUNTA DE GALICIA
Esta páxina Web
en galego tívo unha
axuda outorgada pola:
Secretaria Xeral de Comunicación
Presidencia
Secretaria Xeral de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual