Asociación Cultural Ouro do Sil

IV Concurso Fotográfico Rosa Pons Fabregas "Visions de Parada de Sil e tema libre" Agosto de 2011

IV Concurso Fotográfico Rosa Pons Fabregas "Visions de Parada de Sil" e tema libre

Titulo

O concello de "Parada de Sil" máis Asociación Cultural "Ouro do Sil" convocan a IV edición do Concurso Fotográfico "Visións de Parada de Sil", co fin de fomentala creatividade e dar a coñecer ó público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello de Parada de Sil. E tamén co tema Libre espallar o arte da fotografía.

cartel

BASES

  1.   1. Participantes e número de fotografías

    Poderán participar tódalas persoas que o desexen con independencia da súa nacionalidade.

    As fotografías só poderán ser presentadas polos propios autores. Cada participante poderá presentar hasta un máximo de 4 fotografías. Obtidas por calquera técnica, en branco e negro ou color, tomadas con cámaras dixitais ou con sistemas tradicionais, incluíndo o retoque manual ou de programas informáticos das mesmas.

    As obras serán inéditas e non terse presentado anteriormente a ningún concurso.

    A organización resérvase o dereito a reclamar o importe do premio por uso fraudulento e tomar medidas legais para reclamar o importe. Tamén a rechazar previamente a concurso as fotos que non cumpran estas bases.

    Os participantes responsabilizaranse así mesmo de que non existan dereitos sobre as imaxes de terceiras persoas, así como de calquera reclamación que poida xurdir sobre as mesmas no que se refire a dereitos de imaxe.

  2.   2. Temática

    • Tema "Visions de Parada de Sil"; Abarca tódolos bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, personaxes, cte. Que conforman todo o Concello de Parada de Sil, quedando só limitado o territorio deste concello.
    • Tema "Libre".

  3.   3. Presentación de fotografías

    As fotografías terán un tamaño de 20 x 25cm. ou 18 x 24 sen ningún tipo de enmarcado nin protección frontal.

    Recoméndase que se entreguen adheridas sobre cartón-pluma ou similar e da mesma medida que a foto e que non exceda dos 5 mm. de espesor.

    Obrigatoriamente entregaran en CD-ROM cunha copia de cada fotografía en formato JPG ou TIFF e superior a 300dpi, co nome dás fotos.

    As fotografías entregaranse nun sobre ou envoltorio cerrado de fácil apertura e cerre posterior.

    No dorso de cada fotografía farase constar o título da obra, en que tema participa: Libre ou en "Visions de Parada de Sil" neste caso a zona na que foi tomada.

    Nun sobre anexo:

    • No exterior do sobre: títulos das fotos.
    • Dentro do sobre: aparecerá claramente: Título de cada foto, nome e apelidos do autor, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono, correo electrónico de contacto, zona na que se foron tomadas ou datos que identifiquen a imaxe (no caso do tema "Visions de Parada de Sil").
    • O nome do autor só aparecerá no interior do sobre anexo.
  4.   4. Envío

    As obras serán presentadas ou remitidas á Casa do Concello:

    IV Concurso Fotográfico “Visión de Parada de Sil”

    Casa do Concello

    Praza do Campo da Feira, nº1

    32740 – Parada de Sil. Ourense

    O Concello no se responsabiliza dos danos ou extravíos.

    Cos portes pagados e con embalaxe reutilizable para asegurar a devolución da obra cas debidas garantías si o autor así o solicita, correndo ó seu cargo os gastos.

  5.   5. Data límite de presentación

    A data límite de presentación será o 8 de agosto de 2011.

  6. separa
  7.   6. Xurado, fallo e entrega de premios

    A participación neste Concurso presupón a total aceptación das presentes bases.

    O xurado elixido polo Concello e a Asociación Cultural Ouro do Sil fará público seu fallo en Parada de Sil o día 20 de agosto de 2011. Comunicarase individualmente os premiados. Este fallo será inapelable.

  8.   7. Premios

    Torgáranse os seguintes premios:

    • Primeiro premio: 800 euros a mellor fotografía tema "Visions de Parada de Sil".
    • Segundo premio: 700 euros a mellor fotografía tema "Libre".

    Para que o fallo sexa efectivo, os ganadores deberán aportar o negativo ou arquivo dixital.

  9.   8. Propiedade das imaxines

    As obras premiadas pasarán a formar parte da Colección do Concello.

    En calquera dos usos que o Concello faga das mesmas, aparecerá mencionado o autor.

    Durante o mes de Agosto farase unha exposición e entregarase os premios o día 25 de agosto no salón de plenos do Concello en hora que se cumunicará previamente aos autores premiados.

  10.   9. Outros

    Más Información: www.paradadesil.es

    Tfno: 616516238

De conformidade cas normativas afectas de protección de datos persoais, tódolos datos suministrados pasaran a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade da Asociación Cultural Ouro do Sil, ca finalidade de xestionar correctamente o concurso e cumprir cas finalidades específicas nas presentes bases. O exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición levarase a cabo conforme á normativa vixente



XUNTA DE GALICIA
Esta páxina Web
en galego tívo unha
axuda outorgada pola:
Secretaria Xeral de Comunicación
Presidencia
Secretaria Xeral de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual