Asociación Cultural Ouro do Sil

IX Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas "Visions de Parada de Sil e tema libre" Xullo do 2016

IX Concurso Fotográfico Rosa Pons Fabregas "Visions de Parada de Sil e tema libre" Xullo do 2016

Titulo

Lois Anxo Cid Garcia

O concello de "Parada de Sil" máis Asociación Cultural "Ouro do Sil" convocan a IX edición do Concurso Fotográfico "Visións de Parada de Sil", co fin de fomentala creatividade e dar a coñecer ó público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello de Parada de Sil. E tamén co tema Libre espallar o arte da fotografía.

mellor foto

Miguel Planells

BASES

  1.   1. Participantes e número de fotografías

    Poderán participar tódalas persoas que o desexen con independencia da súa nacionalidade.

    As fotografías só poderán ser presentadas polos propios autores. Cada participante poderá presentar hasta un máximo de 4 fotografías de cada tema. Obtidas por calquera técnica, en branco e negro ou cor, tomadas con cámaras dixitais ou con sistemas tradicionais, incluíndo o retoque manual ou de programas informáticos delas.

    As obras non poderán haber sido premiadas en ningún concurso.

    A organización resérvase o dereito a reclamar o importe do premio por uso fraudulento e tomar medidas legais para reclamar o importe. Tamén a rexeitar previamente a concurso as fotos que non cumpran estas bases.

    Os participantes responsabilizaranse así mesmo de que non existan dereitos sobre as imaxes de terceiras persoas, así como de calquera reclamación que poida xurdir sobre elas no que se refire a dereitos de imaxe.

  2.   2. Temática

    • Tema "Visions de Parada de Sil"; Abarca tódolos bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, personaxes, etc. Que conforman todo o Concello de Parada de Sil, quedando só limitado o territorio deste concello.
    • Tema "Libre".

  3.   3. Presentación de fotografías

    As fotografías terán un tamaño de 20x30.

    Entregaranse adheridas sobre cartón-pluma ou similar e da mesma medida que a foto e que non exceda dos 5 mm. de grosor.

    Obrigatoriamente entregaran en CD-ROM cunha copia de cada fotografía en formato JPG ou TIFF e superior a 300dpi, co nome dás fotos.

    As fotografías entregaranse nun sobre ou envoltorio cerrado de fácil apertura e cerre posterior.

    No dorso de cada fotografía farase constar o título da obra, en que tema participa: "Libre" ou en "Visions de Parada de Sil" neste caso a zona na que foi tomada.

    Nun sobre anexo:

    • No exterior do sobre: títulos das fotos.
    • Dentro do sobre: (aparecerá claramente): Título de cada foto, nome e apelidos do autor, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono, correo electrónico de contacto, zona na que se foron tomadas ou datos que identifiquen a imaxe (no caso do tema "Visions de Parada de Sil").
    • O nome do autor ou autora só aparecerá no interior do sobre anexo.
  4.   4. Envío

    As obras serán presentadas ou remitidas á Casa do Concello:

    IX Concurso Fotográfico “Visión de Parada de Sil”

    Casa do Concello

    Praza do Campo da Feira, nº1

    32740 – Parada de Sil. Ourense

    O Concello no se responsabiliza dos danos ou extravíos.

    Cos portes pagados e con embalaxe reutilizable para asegurar a devolución da obra coas debidas garantías si o autor así o solicita, correndo ó seu cargo os gastos.

  5.   5. Data límite de presentación

    A data límite de presentación será o 31 de Xulio de 2016.

  6.   6. Xurado, decisión e entrega de premios

    A participación neste Concurso presupón a total aceptación das presentes bases.

    O xurado elixido polo Concello e a Asociación Cultural Ouro do Sil fará público a súa decisión en Parada de Sil o día 13 de agosto de 2016. Comunicaráselles individualmente aos premiados. Esta decisión será inapelable.

  7.   7. Premios

    Outorgáranse os seguintes premios:

    • Primeiro premio: 800 € á mellor fotografía tema "Visions de Parada de Sil".
    • Primeiro premio: 700 € á mellor fotografía tema "Libre".

    Só se poderá gañar un premio aínda que se poida participar nos dous temas. Para que a decisión sexa efectiva, os ganadores deberán achegar o negativo ou arquivo dixital.

  8.   8. Propiedade das imaxes

    As obras premiadas pasarán a formar parte da Colección do Concello.

    En calquera dos usos que o Concello faga das mesmas, aparecerá mencionada a autoría.

    Desde o 18 de Agosto de 2016 farase unha exposición no salón de plenos do concello.

    Entregaranse os premios nun acto na Casa do Concello, na data que se publicará e cumunicará previamente aos autores premiados.

  9.   9. Outros

    Máis Información: www.paradadesil.es

    Tfno: 616 516 238

De conformidade coas normativas afectas de protección de datos persoais, todos os datos suministrados pasaran a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade da Asociación Cultural Ouro do Sil, coa finalidade de xestionar correctamente o concurso e cumprir coas finalidades específicas nas presentes bases. O exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición levarase a cabo conforme á normativa vixente

Organizan: Concello Parada de Sil y Asociacion Cultural Ouro do Sil

Patrocina: Camilo Yañez Pons



XUNTA DE GALICIA
Esta páxina Web
en galego tívo unha
axuda outorgada pola:
Secretaria Xeral de Comunicación
Presidencia
Secretaria Xeral de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual