Asociación Cultural Ouro do Sil

Asociación Cultural Ouro do Sil - I Concurso Fotográfico -Rosa Pons Fábregas

Descripción

O Concello de Parada de Sil convoca o I Concurso Fotográfico -Rosa Pons Fábregas- Visións de Parada de Sil, con finalidade de fomentar a creatividade e dar a coñocer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil.

Bases

  1. Participantes e número de fotografías.
  2. Poderán participar todas as persoas que desexen con independencia da súa nacionalidade.
    As fotografías solo poderán ser presentadas polos propios autores. Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 series de 2 fotografías. Estas pódense obter por calquera técnica, en branco e negro ou en cor, tomadas con cámaras dixitais ou con sitemas tradicionais de negativo, incluindo o seu retoque de forma manual ou con programas informáticos. A serie, que lembramos é de 2 fotos, será sobre un "tema particular" a elección do concursante dentro de tema xeral.
    As obras serán inéditas e non se presentarían anteriormente a ningún concurso.
    A organización resérvase o dereito a reclamar o importe do premio por uso fraudulento e a tomar as medidas legais que sexan necesarias. Tamén a rexeitar previamente a concurso as series que non cumpran estas bases.

  3. Temática.
  4. As fotografías versarán sobre o tema "Visions de Parada de Sil".
    Abrangue todos os bens que conforman a integridade do Concello de Parada de Sil, tanto artísticos, como culturais, etnográficos, naturais, personaxes, etc. Quedando solo limitado ao territorio deste concello.

  5. Presetación de fotografías.
  6. As fotografías terán un tamaño de 20x25cm. sen ningún tipo de enmarcado sin proteccion frontal.
    Recoméndase que se entreguen adheridas sobre cartón-pluma ou similar da mesma medida que a foto e que non exceda de 5 mm de espesor.
    Obrigatoriamente entregaranse in CD-ROM cunha copia de cada fotografía en formato JPG ou TIFF superior a 300 dpi.
    As series de fotografías entregaranse nun sobre ou envoltorio pechado de fácil apertura e peche posterior. ó dorso de cada fotografía farase constar o título da obra, a zona na que foi tomada e o número da foto (1/1, 1/2-2/1, 2/2- 3/1, 3/2) se son máis de 1 serie.
    Nun sobre anexo:

    • No exterior do sobre: títulos das series.
    • Dentro do sobre, aparecerá claramente: título de cada serie, nome e apelidos do autor, DNI ou pasaporte, enderezo, teléfono, correo electrónico de contacto, zona na que foron tomadas as fotos ou datos que identifiquen a imaxe.
  7. Envío
  8. As obras serán presentadas ou remitidas á Casa do Concello de Parada de Sil:

    I Concurso Fotográfico -Rosa Pons Fábregas- Visións de Parada de Sil
    Casa do Concello
    Praza do Campo da Feira, 1
    32740 Parada de Sil - Ourense

    O concello non se responsabiliza dos danos ocasionados ou extravios.
    Enviaranse a portes pagados e con embalaxe reutilizable para asegurar a devolución da obra coas debidas garantias se o autor así solicitao, correndo ao seu cargo os gastos.

  9. Data límite de presentación.
  10. A data límite de presentación será o 25 de xullo de 2008.

  11. Xurado, fallo e entrega de premios.
  12. A participación neste Concurso presupón a total aceptación das presentes bases.
    O xurado elexido polo Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural Ouro do Sil fará público o seu fallo en Parada de Sil o día 4 de agosto de 2008. Comunicarase individualmente aos premiados. Este fallo será inapelable.

  13. Premios
  14. Outorgáranse os seguintes premios:

    • Primeiro premio: 700 € á mellor serie.
    • Segundo premio: 300 € á mellor fotografía.

    Para que o fallo sexa efectivo, os gañadores deberán aporar o negativo ou arquivo dixital en CD.

  15. Propiedade das imaxes.
  16. As obras premiadas pasarán a formar parte da Colección do Concello de Parada de Sil.
    En calquera dos usos que o concello faga das mesmas, aparecerá mencionado o autor.
    Durante o mes de agosto frase unha exposición e entregarase o premio nas Festas Patronais de San Ramón os días 29, 30 e 31 de agosto. Previamente comunicarase aos autores premiados a data e hora de entrega.

  17. Ourtros.
  18. Máis informamación:
    www.paradadesil.com
    Tel. 616 516 238

    Tamén podedes descargar esta información en formato PDF aquí



XUNTA DE GALICIA
Esta páxina Web
en galego tívo unha
axuda outorgada pola:
Secretaria Xeral de Comunicación
Presidencia
Secretaria Xeral de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual