Asociacion Cultural Ouro do Sil

CALBALGATA DE REIS-08


Esta Asociación tódolos anos desde o ano 1991 ata hoxe organiza a Cabalgata de Reis que é patrocinada polo Concello de Parada de Sil. Anos atrás tivemos un pequeno baixón de participación pero xa nos recuperamos e este ano foi un éxito pois non contábamos con tanta xente esto si que anima. Este ano cambiamos un pouco:


Os nenos estaban convocados as 17:00 h. na biblioteca por Mar, responsable da normalización lingüística do Concello para que escribisen as cartas os Reis


As 18:00 h. - Nenos e maiores esperaron na Capela de San Ramón os Reis, onde os recibiu o Sr. Xosé quen lle mostrou o seu Belén e lles agradeceu a súa visita,


logo recorreron as rúas ata o local do Centro de Saúde, repartindo moitos caramelos.


No local foron recibidos polo Tte. de Alcalde, quen lles deu a benvida e pediu xoguetes pos nenos, xa que foran bos e benestar para todos os veciños do Concello.


Os nenos entregáronlles as cartas de un a un e falaron con eles, sendo a máis cativa (4 meses) Yanira a que prestou máis atención a súa vestimenta.

Os Reis agasallaron os nenos con xoguetes, doces, refrescos e despois de despedida chocolate para todos os participantes, que ocuparon todo o local.


Sábado 5 de Xaneiro

Esta páxina Web

en galego tívo unha

axuda outorgada pola :

Secretaria Xeral de Comunicación

XUNTA DE GALICIA

Presidencia

Secretaria Xeral de Comunicación

Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual

Valid HTML 4.01 Transitional