Asociacion Cultural Ouro do Sil

XOGO DE BOLOS DE PARADA DE SIL

1.- Medidas do campo

2.- Normas do xogo

----------------------------------------------------------------------------------------------------

 

1.-  Campo (medidas e distribución dos elementos de xogo)

 

 

medidas

 

 

1.-  Elemento de xogo:

 

Bolos: teñen que ser de madeira, e son 9 iguales e un mais grande que se chama o belbas

 

 

 

bolos

Bolas: Teñen que ser 2 de madeira, de distinto tamaño e poden ser irregulares.

 

 

bolas

 

 

Tódalas medidas son aproximadas e sempre se poden modificar a convir

 

2.- Normas de xogo

 

A.-Xogadores

- O xogo desenrolarase entre dous equipos.

-  Cada equipo pode estar formado por 1,2 ou 23 xogadores.

-  O nº de xogadores en cada equipo ten que ser o mesmo.

-  Cando participan máis de dous equipos o xogo realizase a modo de liguilla quedando eliminado o perdedor de cada xogo.

- Si o número de equipos é impar, por sorteo quedará eliminado un equipo, que pasa a seguinte eliminatoria.

- Este equipo non pode quedar exento dúas eliminatorias.

 

B.- Sistema de xogo:

-    Inicialmente efectuarase un sorteo para emparellar a tódolos equipos e o orde de participación no xogo.

-    Entre dous equipos participantes efectuarase un sorteo. O equipo afortunado elixe bola e é o primeiro en empezar o xogo. ( ten a Man)

-    Un xogador do equipo que ten a man lanzará a bola dende antes da línea de saída, sen pisala nin traspasala ata que termine a xogada. Enténdese que remata a xogada cando a bola traspasa a liña do belbas ou non chega a ela ( Cuchar).

-    O xogador procurará tirar o máximo número de bolos, incluído o belbas, e que a bola traspase a línea do belbas. Si a bola non traspasa esa línea a xogada considérase nula, non conseguindo puntuación algunha e perdendo o dereito a efectuar a tirada en sentido contrario o que completaría a xogada.

-    Esta tirada efectuarase dende antes da línea do belbas sen pisala nin traspasala, procurando tirar de novo o máximo número de bolos situados na zona de saída . Nesta tirada non se pode tirar o belbas.

-    O tiro en sentido inverso considerase válido aínda que a bola non traspase a línea de saída e os bolos que se tiren son válidos.

-    Si abola sae fora do campo a tirada é nula. Si esto ocorre na tirada directa chamase Cuchar, si ocorre na tirada inversa so é nula esta tirada non a anterior.

-    Despois de cada tirada hai que colocar tódolos bolos no seu lugar.

 

C.- Orde do xogo:

-    O xogador que ten a man tira a bola elixida cara o belbas.

-    Un xogador do outro equipo realiza a mesma xogada coa outra bola.

-    O mesmo xogador do equipo que ten a man  fai a xogada en sentido inverso coa bola ca que fixo a primeira tirada.

-    O mesmo xogador do equipo contrario tira en sentido inverso.

-    + Si os equipos teñen mais de un xogador, estes iran alternándose no xogo, sen modificar o orde ao argo da partida.

-    + Ao largo dunha partida, a man pode pasar de un equipo a outro. Si o xogador que ten a man non derriba ningún bolo na tirada inversa ou cucha, e o xogador do equipo contrario derriba algún bolo nesta tirada, este equipo consigue a man.

 

D.- Puntuación:

-         Cada partida dispútase a 50 puntos, repartidos en dous grupos de 25.

-         Cada bolo derribado  da zona de saída vale 1 punto, si se derriba o belbas vale 4 puntos.

-         Os 25 puntos primeiros chámanse malos.

-         Os 25  puntos últimos chámase bos.

-         No intre en que o primeiro equipo chegue ou supere os primeiros 25 puntos pasa de malos a bos e faise o cambio de bolas na seguinte tirada dende a línea de saída.

-         O equipo gañador será  o primeiro que chegue os 25 puntos bos, sen dar opción a continuar a partida, por eso e ten moita importancia ter a man.

-         Existe unha xogada que se produce moi raramente que vale 10 puntos, para elo dende a liña de saída ten que saír un bolo impulsado coa bola máis ala de liña do belbas, e a bola tamén ten que traspasar esta liña.

 

 

                 xogo

 

Esta páxina Web

en galego tívo unha

axuda outorgada pola :

Secretaria Xeral de Comunicación

XUNTA DE GALICIA

Presidencia

Secretaria Xeral de Comunicación

Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual

Valid HTML 4.01 Transitional