Asociacion Cultural Ouro do Sil

II Concurso Fotográfico Rosa Pons Fabregas "Visions de Parada de Sil"

cartel

O concello de Parada de Sil convoca II edición del Concurso Fotográfico "Visións de Parada de Sil", co fin de fomentala creatividade e dar a coñecer ó público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello de Parada de Sil.

castaño

BASES

  1.   1. Participantes e número de fotografías

    Poderán participar tódalas persoas que o desexen con independencia da súa nacionalidade.

    As fotografías só poderán ser presentadas polos propios autores. Cada participante poderá presentar hasta un máximo de 3 Series de 2 fotografías. Obtidas por calquera técnica, en branco e negro ou color, tomadas con cámaras dixitais ou con sistemas tradicionais, incluíndo o retoque manual ou de programas informáticos das mesmas. A Serie ( 2 fotos) será sobre un “tema particular” a elección do concursante dentro do tema xeneral.

    As obras serán inéditas e non terse presentado anteriormente a ningún concurso.

    A organización resérvase o dereito a reclamar o importe do premio por uso fraudulento e tomar medidas legais para reclamar o importe. Tamén a rechazar previamente a concurso as Series que non cumpran estas bases.

  2.   2. Temática

    As fotografías versarán sobre o tema "Visións de Parada de Sil”.

    Abarca tódolos bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, personaxes,etc. Que conforman todo o Concello de Parada de Sil, quedando só limitado o territorio deste concello.

  3.   3. Presentación de fotografías

    As fotografías terán un tamaño de 20 x 25cm. ou 18 x 24 sen ningún tipo de enmarcado nin protección frontal.

    Se recomenda que se entreguen adheridas sobre cartón-pluma ou similar e da mesma medida que a foto e que non exceda dos 5 mm. de espesor.

    Obrigatoriamente entregaran en CD-ROM cunha copia de cada fotografía en formato JPG ou TIFF e superior a 300dpi, co nome dás series.

    As Series de fotografías entregaranse nun sobre ou envoltorio cerrado de fácil apertura e cerre posterior.

    Ó dorso de cada fotografía farase constar o título da obra, a zona na que foi tomada e o número da foto (1/1,1/2- 2/1,2/2- 3/1,3/2) se son máis de 1 serie.

    Nun sobre anexo:

    • No exterior do sobre: títulos das series.
    • Dentro do sobre: aparecerá claramente: Título de cada serie, nome e apelidos do autor, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono, correo electrónico de contacto, zona na que se foron tomadas ou datos que identifiquen a imaxe.
    • O nome do autor só aparecerá no interior do sobre anexo.
  4.   4. Envío

    As obras serán presentadas ou remitidas á Casa do Concello:

    II Concurso Fotográfico “ Visión de Parada de Sil”

    Casa do Concello

    Praza do Campo da Feira, 1

    32740 – Parada de Sil. Ourense

    O Concello no se responsabiliza dos danos ou extravíos, Cos portes pagados e con embalaxe reutilizable para asegurar a devolución da obra cas debidas garantías si o autor así o solicita, correndo ó seu cargo os gastos.

  5.   5. Data límite de presentación

    A data límite de presentación será o 10 de agosto de 2009.

  6. roseton
  7.   6. Xurado, fallo e entrega de premios

    A participación neste Concurso presupón a total aceptación das presentes bases.

    O xurado elixido polo Concello e a Asociación Cultural Ouro do Sil fará público seu fallo en Parada de Sil o día 17 de agosto de 2009. Comunicarase individualmente os premiados. Este fallo será inapelable.

  8.   7. Premios

    Torgáranse os seguintes premios:

    • Primeiro premio: 1000 euros a mellor serie.
    • Segundo premio: 500 euros a mellor fotografía.

    Para que o fallo sexa efectivo, os ganadores deberán aportar o negativo ou arquivo dixital.

  9.   8. Propiedade das imaxines

    As obras premiadas pasarán a formar parte da Colección do Concello.

    En calquera dos usos que o Concello faga das mesmas, aparecerá mencionado o autor.

    Durante o mes de Agosto farase unha exposición e entregarase o premio en data que se publicará e se comunicará previamente aos autores premiados.

  10.   9. Outros

    Más Información: www.paradadesil.com

    Tfno: 616516238

De conformidade cas normativas afectas de protección de datos persoais, tódolos datos suministrados pasaran a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade da Asociación Cultural Ouro do Sil, ca finalidade de xestionar correctamente o concurso e cumprir cas finalidades específicas nas presentes bases.O exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición levarase a cabo conforme á normativa vixente

 

Esta páxina Web

en galego tívo unha

axuda outorgada pola:

Secretaria Xeral de Comunicación

XUNTA DE GALICIA

Presidencia

Secretaria Xeral de Comunicación

Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual

Valid HTML 4.01 Transitional